Dende aquí podes asegurar a praza dos teus fill@s para o espazo de obradoiros das sesións de Ludoarte- Creativos, a ludoteca artística de Área Central. Lembra que este servizo é totalmente gratuíto e está dirixido a maiores de tres anos. Recorda que esta actividade permíteche dispoñer de case unha horiña en Área Central para ti: facer as túas compras, tomar algo, etc.
Reservar é moi sinxelo! Tan só necesitamos que se rexistre un adulto. Tras o rexistro, debes acudir ao teu email e validar o rexistro. Despois diso, tes que elixir día e hora no que queredes vir. Tras cubrir todos os datos, recibirás un código QR no teu correo electrónico. Ese código QR terás que amosalo o día que veñas. Podes reservar tantas prazas como rapaces vas traer. Recibirás no email un código QR correspondente a cada reserva. A reserva é válida ata cinco minutos despois da súa hora. Por exemplo, se tes reserva para as 18:00 horas, podes chegar como moi tarde ás 18:05 horas. Pasada esa hora cederemos a túa praza ás persoas que estean agardando.
Pregamos que se tedes un cambio de plans e finalmente non ides acudir, que canceledes as prazas para que outros rapaces poidan ocupar as vosas prazas.
Se tes algunha dúbida podes escribirnos a marketing@areacentral.es ou chamarnos ao 981560845 (L-V, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.).
Normativa
NORMAS XERAIS
- Pregamos puntualidade de acordo coa hora que tes reservada. No caso de impuntualidade (cinco minutos tarde), as persoas responsables de Ludoarte poderán asignar a túa praza ás persoas que estean agardando por unha.
- Trae o código QR a man para axilizar a entrada.
- A organización insiste na importancia de reservar para evitar a formación de colas. Se non tedes reserva e houbera ocos libres, as persoas responsables de Ludoarte asignarán o turno de entrada de acordo ás prazas dispoñibles.
RESPONSABILIDADE COVID-19
- Os usuarios desta actividade coñecen e aceptan as condicións de hixiene e prevención que se seguirá no seu transcurso. Así mesmo, son conscientes dos posibles riscos derivados da crisis sanitaria provocada polo COVID-19 e os asumen baixo a súa responsabilidade.
- As persoas participantes non están diagnosticadas de Covid-19, non presentan sintomatoloxía asociada a este virus (tose, febre, dificultade ao respirar, etc.) nin a presentaron nos 14 días previos á data de entrada nesta actividade.
- As persoas participantes non conviven con ninguén afectado polo Covid-19 nin estiveron en contacto estreito nin compartiron espazo sen gardar a distancia interpersoal cunha persoa afectada polo Covid-19, nos 14 días previos á súa participación nesta actividade.
- As persoas participantes comprométense a comunicar á organización calquera aparición de síntomas asociados ó COVID-19, ata 14 días despois da súa participación nesta actividade.
POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos persoais, recabados co seu consentimento, formarán parte dun ficheito baixo a responsabilidade da COMUNIDADE DE PROPIETARIOS C.C. AREA CENTRAL, con enderezo fiscal en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 (15707 - Santiago de Compostela) sendo a súa finalidade única a de realizar unha correcta xestión desta actividade. Se o desexa, poderá exercitar en todo momento os seus dereitos de retificación, cancelación ou oposición, remitindo un correo electrónico con fotocopia do seu DNI á dirección marketing@areacentral.es.